lunes, 5 de marzo de 2012

Enerxias alternativas

Solar

  A enerxía solar é a obtida mediante a captación da luz e a calor emitidos polo sol.
A radiación solar que alcanza a Terra pode aproveitarse por medio da calor que produce a través da absorción da radiación.É unha das chamadas enerxías renovables, particularmente do grupo non contaminante, coñecido como enerxía limpa ou enerxía verde.
 Eolica



 







Enerxia eolica é a enerxía obtida do vento, é dicir, a xerada por efecto das correntes de aire, e que é transformada noutras formas útiles para as actividades humanas.

A enerxía eólica foi aproveitada desde a antigüidade para mover os barcos impulsados por velas ou facer funcionar a maquinaria de muíños ao mover as súas aspas. Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica
Biomasa

 
A enerxía da biomasa é tamen  renovable procedente do aproveitamento da materia orgánica e inorgánica formada nalgún proceso biolóxico ou mecánico, xeralmente, das substancias que constitúen os seres vivos (plantas, ser humano, animais, entre outros), ou os seus restos e residuos. O aproveitamento da enerxía da biomasa faise directamente (por exemplo, por combustión), ou por transformación noutras sustancias que poden ser aproveitadas máis tarde como combustibles ou alimentos.