lunes, 6 de febrero de 2012

Agricultura biolóxica ou ecolóxica

 
A agricultura biolóxica ou ecolóxica é un sistema para cultivar unha explotacion agricola autónoma baseada na utilización óptima dos recursos naturais sen empregar produtos químicos.


O comercio xusto é unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais que fai unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores.

O comercio xusto defende uns principios:

-Os produtos forman parte de cooperativas ou organizacións voluntarias e funcionan democraticamente.
-Libre iniciativa e traballo.
-Rexeitamento da explotación infantil.
-Igualdade entre homes e mulleres.
-Traballase con dignidade respectando os dereitos humanos.
-O prezo que se lle paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
-Valorase a calidade e a produción sustentable.
-Coidar do medio ambiente.
-Búscase a maneira de evitar que non haxa intermediarios entre produtores e consumidores.
-Informase ao consumidor acerca do orixe do produto.

Intenta tamén evitar as grandes diferenzas entre o prezo que  paga  un consumidor do primeiro mundo e o diñeiro que se lle paga a un produtor do Terceiro Mundo.